. Como todo
galego sabe, a nosa lingua pasou por un período de decadencia e discriminación
non fai tanto. Aínda hoxe, a lingua segue cargando ás súas costas con prexuízos
e estereotipos froito da ignorancia, entre outros factores, pero seguimos e
seguiremos loitando.
Non
entendo como segue habendo xente que despreza o galego. Realmente non se dan
conta de que é unha lingua máis, tan importante como o inglés ou o alemán? Pois
parece ser que non, esa xente que se empeña en baixala de nivel é realmente noxenta.
Tanto dá que llelo expliques, esa cabeza non serve para razoar. Despois están
esas persoas que o fan inconscientemente, que teñen interiorizados certos
prexuízos que lles fan actuar de maneira despectiva cara o galego, persoas
galegofalantes que de súpeto piden un café en castelán.
A
ruptura coa transmisión xeracional está provocando que cada vez haxa menos
xente nova que o fale. Pais e nais galegofalantes educan a seus fillos en
castelán. Xa na escola se
encargan de castelanizar o neno ou nena por culpa do sistema educativo, como
para canto máis, comezar na casa.
Tamén
pasa que os nenos na casa falan galego, pero fóra o castelán. E por que? Porque
todos os amigos falan o castelán? Pois NON, iso non é desculpa. Aquí cada un
fala o que lle peta, e si che din que é de mala educación é que o pobre é un
inculto. Porque, quen despreza unha lingua? Un inculto. E encima a propia. Os
galegos deberiamos valorar o noso idioma como o fan os vascos ou os cataláns, un exemplo a seguir.
En
definitiva, hai miles de formas para discriminar o galego. Non entanto, todas converxen no mesmo resultado,
na mesma consecuencia: a perda da nosa lingua.
Dame
moita mágoa que se perda esta lingua tan bonita. Férveme o sangue cada vez que
me toca vivir unha situación de discriminación. Simplemente con ver xente
cambiando do galego ao castelán porque a outra persoa fala castelán, porque dá
vergoña, por mor dos prexuízos... é verdadeiramente unha pena que non a valoremos.
Temos nas nosas mans a oportunidade de comunicarnos coa nosa propia lingua, e
non a usamos... É denigrante a nosa falta de compromiso co noso, co propio.
O
odio ao que está sometido ao galego non é innato, non. É o entorno e a
experiencia de cada un o que vai creando esa actitude de reproche.
Son
galega e serei galega por enriba de todo. Estou máis que orgullosa de selo e
admiro a miña nazón, a nosa cultura e todo o que implica ser ga-le-ga. Amo a miña
terra, os nosos costumes, as nosas formas de falar...TODO. E por iso me doe
tanto o trato que recibimos ás veces os que amamos o noso e que o defendemos sen
contemplacións.
Nunca,
nunca, nunca deixarei de loitar polo noso. Non son galega por casualidade,
senón por elección. É máis, non só son galega, SÍNTOME GALEGA.